Tramos do Camiño

Croquis dos tramos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia


Tramo 1. Muros - Esteiro

  • Distancia: 14 km

  • Duración estimada: 2h 50min.

  • Dificultade: Media – Alta

Comezas fronte a lonxa vella para despois de pasar pola Igrexa de San Pedro saír da poboación atravesando o casco histórico de Muros polas rúas Real e Axesta, desfrutando dunha das vilas mariñeiras mellor conservadas de Galicia.

Á saída da poboación atopas o Santuario da Virxe do Camiño para proseguir ata Abelleira, onde atopas a Igrexa de Santo Estevo. Continuas ata cruzar o río por unha antiga ponte de laxes que che leva pola aldea de Bornalle, onde podes observar un campo de hórreos ben conservado.

Dende aquí prosegues ata Tal, onde pasas pola Igrexa de Santiago, podendo desfrutar dunhas espectaculares vistas da ría. Segues cara Esteiro para entrar polo Camiño Real que cruza a aldea de Solleiros e rematas o primeiro tramo despois de cruzar o río tras pasar pola Igrexa de Santa Mariña.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 2. Esteiro - Cruceiro de Roo

  • Distancia: 8,5 km

  • Duración estimada: 1h 30min.

  • Dificultade: Media – Alta

Retomas camiño para saír de Esteiro polo Camiño Real, que sube pola aldea do Maio dende os Pasais da Salina, para adentrarte nunha paisaxe boscosa por un sendeiro que descorre pola chamada Devesa e cruzar o rego de Cerrnadas, antes de comezar unha pequena ascensión ata o alto do Freixo.

Ao entrar nesta poboación encontras a  Igrexa de San Xoán de Sabardes, onde se situaba o antigo Priorado de Sabardes. Continuas polas aldeas de Braño e Siavo, para seguir camiño ata Ánxeres, aldea pola que saes por un sendeiro amparado entre muros de pedra.

Cruzas o rego Pipe, e tras pasar por Bendimón e cruzar o seu río, entrar no Cruceiro de Roo, despois de subir pola Ápera.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 3. Cruceiro de Roo - Serra de Outes

  • Distancia: 3,5 km

  • Duración estimada: 45 min.

  • Dificultade: Media

Continúas por Cruceiro de Roo, donde encontrarás un cruceiro de bela factura, que da nome ao pobo.

Deixas o Cruceiro para continuar cara Brión de Arriba, aldea que cruzas para entrar no coñecido como Monte do Carboeiro e ascender a Cambeiro de Baixo.

Tras atravesar esta aldea inicias o descenso cara a Serra de Outes, a onde chegas á zona denominada A Cruz, nun cruce onde se encontra a coñecida coma Casa da Farmacia.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 4. Serra de Outes - Noia

  • Distancia: 14,8 km

  • Duración estimada: 2 horas 55 min.

  • Dificultade: Media

Saes da Serra de Outes dirección Boel, pasando a carón da casa natal do poeta Francisco Añón. Atravesas a aldea de Boel para continuar por un camiño dende o que se observa o Val do Tins e a Serra de Outes, antes de chegar a un entorno boscoso e cruzar o río Tins pola  Ponte do Ruso, datada no século XVIII.

Segues cara Santo Ourente, onde encontras a Igrexa de Santo Ourente, onde descansan os restos do mártir San Campio, e a capela da Nosa Señora do Rial, onde se encontraba o antigo Mosteiro de Santa Tasia. Continuas pola aldea de Lavacolla para adentrarte no monte e chegar á Pontenafonso, onde cruzas a súa histórica ponte do século IX e salvar o río Tambre para entrar no municipio de Noia.

Chegas a Orro e prosegues cara a aldea de Eiroa onde encontras un dos cruceiros máis fermosos de Galicia, para seguir e atopar a Igrexa de Santa Cristina de Barro e entrar na poboación de Noia pola impoñente Alameda, que desemboca  no Casco Histórico da vila.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 5. Porto do Son - Portosín

  • Distancia: 8 km

  • Duración estimada: 1 hora 35 min.

  • Dificultade: Baja

Inicias o camiño no porto desta poboación, continuando pegado ao mar, pasando pola Igrexa de San Vicente de Noal e proseguir por un sendeiro amparado por muros de pedra, ata chegar a Noal.

Continuas cara Loreto, onde atopas a coñecida Capela da Nosa Señora do Loreto. Dende aquí desvíaste un pouco cara o interior e pasas polas aldeas de Orseño e Quintáns onde podes desfrutar de núcleos ben conservados.

O camiño volve cara a costa e atravesas Cans para continuar pola costa ata a praia de Langaño, onde transitas por unha paraxe natural espectacular.  Segues cara a Portosín pegado á costa, entrando nesta poboación por un sendeiro onde se desfruta da paisaxe da ría.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 6. Portosín - Noia

  • Distancia: 7,7 km

  • Duración estimada: 1 hora 30 min.

  • Dificultade: Media

En Portosín, pasas pola Igrexa de San Sadurniño de Goiáns e prosegues cara o porto, onde pasas polo Real Clube Naútico desta localidade para adentrarte nun  sendeiro que bordea a costa pasando polas Praias da Gafa e da Hornanda, nun entorno natural costeiro que non deixa indiferente.

Continuas ata a Capela de Pardiñas, onde te adentras lixeiramente cara o interior  e segues por aldeas ben conservadas ata atopar a Igrexa de San Pedro de Boa, xa no municipio de Noia.

Dende aquí prosegues por un pequeno tramo que alterna zona boscosa con estrada para entrar no Obre despois de pasar por Taramancos. Tras cruzar o Obre de Abaixo e pasar preto da  ponte medieval da Chaínza, cruzas a ponte sobre a desembocadura do río Traba en entrar no Casco Histórico de Noia pola Porta da Peregrina ou do Tapal.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 7. Noia - San Xusto

  • Distancia: 8,9 km

  • Duración estimada: 2 horas 15 min.

  • Dificultade: Alta

Inicias este tramo na Praza do Tapal, no Casco Histórico da vila, para pasar pola rúa do Curro cara a  Igrexa de Santa María a Nova onde se atopa o Museo das Laudas Gremiais, e continuar pola Porta da Vila e enfilar a rúa Luis Cadarso saíndo da vila pola Capela de San Bernardo.

Continuas cara a Rasa de Abaixo, desviándote á esquerda e inicias a subida cara  a Rasa de Arriba, seguindo ata chegar á entrada nunha zona boscosa e comezar a ascensión ao Monte de San Marcos onde atopas as ruínas da antiga Capela de San Marcos.

Continuas ata a aldea de San Paio, dende onde se inicia a ascensión a San Xusto, xa no municipio de Lousame,  a onde entras por un sendeiro de monte moi fermoso e rematar no Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, un histórico mosteiro do século XII.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 8. San Xusto - Urdilde

  • Distancia: 9,3 km

  • Duración estimada: 1 hora 55 min.

  • Dificultade: Media

Saes do entorno do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos polo sendeiro paralelo ao río San Xusto, desfrutando da fervenza do mesmo nome, e inicias unha pequena ascensión que che leva polas aldeas de Cedofeito e Fontefría.

Nesta parte do Camiño a paisaxe muda e podes observar un entorno agrogandeiro. Segues camiño pasando por Martelo e O Codeso, camiñando xa polo municipio de Rois, para desviarte á dereita e iniciar o descenso pasando pola aldea de Agrafoxo.

Entras en Urdilde polo Camiño Real, que vai polo centro do pobo. Nesta poboación podes desfrutar da Igrexa de Santa María de Urdilde.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 9. Urdilde - Bertamiráns

  • Distancia: 6,9 km

  • Duración estimada: 1 hora 25 min.

  • Dificultade: Baixa

Saes de Urdilde polo Camiño Real e segues cara as aldeas de Pedreira e Pedre, antes de iniciar a baixada por un sendeiro de monte que descorre por unha carballeira moi fermosa na Corga de Foxo, entrando no municipio de Brión.

Cruzas cara a antiga estrada a Santiago e entras en Gundín, onde te desvías á dereita para entrar na chamada Agra da Fame e continuar por Buio ata Os Ánxeles, pasando preto da Igrexa de Santa María dos Ánxeles.

Dende aquí segues polo Camiño Real, que atravesa a aldea de Alqueidón e chegas ao Tremo onde se atopaba a fonte do antigo Balneario do Tremo (ou Balneario de Nosa Señora dos Ánxeles) despois de pasar pola capela da Nosa Señora de GuadalupeProsegues camiño polo Val da Mahía, entrando en Bertamiráns tras cruzar Carballido, xa en terras do municipio de Ames.

   Directorio de servizos neste tramo

Tramo 10. Bertamiráns - Santiago

  • Distancia: 12,9 km

  • Duración estimada: 2 horas 35 min.

  • Dificultade: Media

No último tramo, saes de Bertamiráns, continuas camiño pola aldea da Condomiña tras cruzar o río Sar, e inicias a subida  cara Ortoñiño, abandonando o Val da Mahía. Á altura da Igrexa de San Xoán de Ortoño segues polas pictóricas aldeas de Maguxe e Mourigade, pasando pola Capela de Nosa Señora do Carmen. Prosegues camiño a Santiago por A Moniña, onde entras no municipio de Santiago de Compostela.

A partir de aquí pasas pola estación de O Casal, cruzando a vía do tren e continuar ata encontrarte coa Igrexa de San Martiño de Laraño e cruzar o río Sar pola coñecida coma Ponte Vella. Dende este punto segues o curso do río Sarela por Vidán, para chegar á carballeira de San Lourenzo onde se sitúa o Mosteiro de San Lourenzo de Trasouto.

A partir deste punto segues pola rúa de San Lourenzo ata o Pombal, cruzando cara a rúa das Hortas. Subes por esta rúa ata a Igrexa de San Fructuoso, onde inicias a subida final entre o Parador dos Reis Católicos e o Pazo de Raxoi, entrando na Praza do Obradoiro.

   Directorio de servizos neste tramo

Directorio
Conéctate
Aviso Legal
O teu Xacobeo
Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google